Ir ao contido

Un editor de PDF rápido, teu por 10 €.

Ventus le, edita, asina e converte PDF en Windows, macOS e Linux. É unha aplicación nativa escrita en Rust, co seu propio motor de pintado. Funciona sen conexión, sen conta e sen subscrición.

De balde para sempre se o descargas nas primeiras 24 horas. Despois, 10 €.

Ver por que é rápido
Ventus cun informe aberto: miniaturas á esquerda e unha páxina cun gráfico de barras e unha táboa.

Pinta as páxinas máis rápido ca o motor de Chrome.

Case todos os lectores de PDF pintan con PDFium, o motor de Chrome. Ventus ten o seu. Cun só núcleo tarda entre a metade e catro quintas partes do tempo, e a páxina sae igual de ben.

Ventus PDFium = 1 Menos é mellor
  • Planos de obra 0,50
  • Especificacións técnicas 0,71
  • Artigos 0,74
  • Informes con gráficos 0,80

Como se mediu: media xeométrica por tipo de documento sobre 240 páxinas de documentos públicos, a 800 px, cun núcleo, a mellor de 5 pasadas. Windows 11, novembro de 2026. De 291 páxinas de proba, 240 píntaas o motor propio e o resto, PDFium.

Un mapa de 40 MB vese nítido en 0,23 s.

Un PDF corrente tarda 0,05 s. Un pesado, coma un mapa topográfico do USGS de 40 MB, tarda 0,23 s. A diferenza non chega a dúas décimas de segundo.

0,23 s PDF pesado Mapa do USGS, 40 MB

0,05 s PDF corrente

Cada bóla cruza a liña no tempo medido, a velocidade real.

Tempo desde que se abre o ficheiro ata que a páxina se ve nítida. Mediana de 5 aperturas nun ordenador de sobremesa con Windows 11, novembro de 2026.

Un PDF, de abrilo a asinalo.

O que ves é Ventus de verdade, co mesmo documento de principio a fin.

  1. Ventus cunha proposta de tres páxinas aberta e as miniaturas á esquerda.

    Ler

    Abres o documento e xa se ve nítido, coas miniaturas, os marcadores e a busca a un lado.

  2. Unha frase subliñada en amarelo e unha nota na marxe.

    Anotar

    Subliñas o importante e deixas unha nota na marxe para quen o lea despois.

  3. O modo de edición: os parágrafos en caixas, unha palabra seleccionada e a barra de formato.

    Editar

    Cada parágrafo é unha caixa de texto. Cambias unha palabra ou unha cifra coa letra do orixinal.

  4. A sinatura colocada sobre a liña de sinatura, ao pé da páxina.

    Asinar

    Escribes ou debuxas a túa sinatura e colócala sobre a liña.

  5. O diálogo de exportar con Word (.docx) escollido.

    Exportar

    Lévalo a Word, Excel, PowerPoint ou imaxes, con OCR se era un documento escaneado.

Tres cousas que só hai en Ventus.

  1. O caderno
  2. Os globos de referencias
  3. Axustar ao texto
Un artigo á esquerda e, á dereita, o caderno de Ventus con notas e un esquema á man.

Unha folla raiada sen fin ao lado do PDF.

Escribe e debuxa a man alzada mentres les. O caderno vai pegado ao documento e non se acaba nunca.

Un globo sobre a cita [1] dun artigo coa referencia completa e o seu DOI.

A cita, sen saíres da páxina.

Pasa o rato por unha cita, unha figura ou unha ecuación e un globo amósache o que sinala, co seu DOI ou a súa ligazón a arXiv.

Unha páxina a dúas columnas e, ao lado, unha das columnas ampliada ao ancho da xanela.

A columna, ao ancho da xanela.

A columna que tes baixo o punteiro pasa a ocupar todo o ancho. Os artigos a dúas columnas lense sen tocar o zoom.

De papel escaneado a texto que se edita.

O OCR recoñece a carta escaneada e déixaa como texto de verdade: búscase, selecciónase e corríxese igual ca calquera outro PDF.

Unha carta escaneada, sen texto seleccionable. A mesma carta cos parágrafos en caixas de texto e o cursor dentro dunha cifra.

E tamén escanea, xira pezas en 3D e fala 16 idiomas.

OCR e escáner

Escanea desde Ventus e busca dentro de documentos que ata entón eran unha foto.

Unha carta escaneada coa palabra buscada resaltada.

PDF en 3D

Xira o modelo, cambia de vista e agocha pezas para ver o que hai dentro.

Un modelo en 3D dunha turbina dentro dun PDF.

16 idiomas

A interface está en 16 idiomas, tamén nos que se escriben de dereita a esquerda.

O diálogo de exportar de Ventus en árabe, composto de dereita a esquerda.

Ademais, enche e crea formularios, compara dúas versións, organiza páxinas, protexe documentos e garda en PDF/A.

O mesmo ca os editores de sempre, sen a cota.

Ventus fronte a tres editores de PDF coñecidos: forma de pagamento, prezo, sistemas e funcións.
VentusEditor por subscriciónEditor de pagamento anualEditor con licenza
Como se pagaUnha vezCada mesCada anoUnha vez; as versións novas, á parte
Prezo10 €24,19 € ao mes129,99 US$ ao ano62 US$
WindowsSiSiSiSi
macOSSiSiSiNon
LinuxSiNonNonNon
Editar textoSiSiSiSi
AsinarSiSiSiSi
OCRSiSiSiSi
ConverterSiSiSiSi

Prezos do plan individual na web oficial de cada programa o 10 de novembro de 2026; o de subscrición, con compromiso dun ano. Ningún deses programas ten relación con Ventus.

10 €. Unha vez.

Sen subscrición e sen conta. Pagas, chégache a clave por correo e Ventus é teu.

Sae o luns 16 de novembro de 2026. Quen o descargue nas primeiras 24 horas queda con el de balde para sempre.

A clave chega por correo
Ao rematar o pedido. Sen clave, Ventus abre e le PDF, pero non edita.
Vale para 3 equipos
O de sobremesa, o portátil e un máis.
30 días sen conexión
Ventus traballa sen internet, e a clave segue valendo ata 30 días seguidos sen te conectares.
O cobro faino Polar
Polar é o vendedor e quen emite o recibo. Se perdes a clave, recupérala no seu portal do cliente.